Navia de Suarna celebrará o seu magosto o 31 de outubro con música e gastronomía tradicional

Navia de Suarna celebrará o venres 31 de outubro unha nova edición do seu magosto, unha cita que combinará os sabores propios do outono coa música. A actividade comezará ás 20:00 horas e permitirá aos asistentes compartir unha noite arredor da gastronomía tradicional destas datas.
Durante o encontro ofreceranse aperitivos típicos, entre os que figuran touciño, chourizo asado, viño e castañas asadas, protagonistas habituais das celebracións do magosto en Galicia.
A xornada completarase coa actuación musical de 'Carlos e Javi', que poñerán o acompañamento musical a esta proposta festiva.
O evento está organizado polo Concello de Navia de Suarna e conta coa colaboración da Deputación de Lugo.