Negueira de Muñiz acolle o II Bioblitz de Pena da Nogueira organizado pola Asociación Corripa

A Asociación Corripa organiza o II Bioblitz de Pena da Nogueira, no concello de Negueira de Muñiz, os días 5 e 6 de xuño a partir das 10.00 horas.
O punto de encontro será o EcoMuseo “O país do Abeyeiro”, que servirá como punto de partida desta experiencia en plena contorna natural.
Trátase dun maratón fotográfico no que se tentará documentar o maior número posible de especies de fauna e flora atopadas durante o venres e o sábado, co obxectivo de subilas á plataforma Observation.
A iniciativa está aberta á participación de todas as persoas interesadas, que poderán anotarse previamente e deberán levar a súa cámara fotográfica. Durante a xornada, os asistentes compartirán actividade con expertos de distintos grupos de animais e plantas, nun encontro pensado para o coñecemento e a divulgación da natureza.