Negueira de Muñiz acollerá en abril as VI Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na Aldea

O encontro reunirá en Pena de Nogueira a investigadores, gandeiros e divulgadores arredor da ciencia, a cultura rural e o medio ambiente
Ciencia-na-aldea-2024-Negueira-de-Muñiz
17 Mar 2026

A localidade de Pena de Nogueira, no concello de Negueira de Muñiz, volverá ser escenario das Xornadas de Desenvolvemento Rural Ciencia na Aldea, que celebrarán a súa sexta edición os días 24, 25 e 26 de abril.

A iniciativa está promovida pola Asociación Corripa e busca consolidarse como un espazo de encontro e reflexión sobre o futuro do rural desde unha perspectiva científica, cultural e ambiental.

Na edición anterior, o encontro adquiriu un marcado carácter internacional coa presenza de representantes do Festival das Herbas Espontáneas de Ussaramanna, na illa italiana de Sardeña.

O programa desenvolveuse no Ecomuseo O País do Abelleiro e ao longo das tres xornadas, arredor de 30 participantes entre investigadores, gandeiros e divulgadores procedentes de España e Italia participaron en conferencias, debates e diferentes actividades orientadas a analizar os retos e oportunidades do medio rural.

0.11997199058533