Negueira de Muñiz acollerá unha xornada de enoturismo para descubrir os viños da IXP Terras do Navia

A Casa do Cazador de Negueira de Muñiz acollerá o vindeiro 13 de xullo a xornada "Ruta dos viños entre montañas", unha proposta de enoturismo promovida pola Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Terras do Navia para dar a coñecer o patrimonio vitivinícola da comarca.
A programación desenvolverase ao longo de toda a xornada. Pola mañá, entre as 12:00 e as 14:00 horas, terá lugar un acto institucional e unha cata comentada dos viños da IXP. Xa pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, presentarase o novo itinerario enoturístico, realizarase unha visita guiada e celebrarase unha segunda cata comentada.
A actividade pretende achegar aos participantes a riqueza paisaxística e vitivinícola do territorio, combinando a promoción dos viños elaborados baixo a IXP Terras do Navia co descubrimento dos recursos naturais e culturais da zona.