Negueira de Muñiz celebrará o 21 de novembro o seu Menú de Outono con gastronomía, teatro e música

A xornada incluirá unha proposta gastronómica en tres establecementos da zona, a representación teatral "Aldara na montaña", con Soraya Lema, e unha verbena con Rocío e o seu acordeón
Soraya-Lema
16 Nov 2026

O Concello de Negueira de Muñiz organizará o sábado 21 de novembro unha nova edición do Menú de Outono, unha iniciativa que combinará gastronomía, teatro e música para dinamizar a localidade e poñer en valor os produtos e os establecementos da zona.

A proposta gastronómica desenvolverase entre as 20:00 e as 23:00 horas e estará composta por tres pratos servidos en diferentes locais. O primeiro será na Casa Sidrón, en Pieiga; o segundo, na Casa Vizcaín, en Negueira, e a sobremesa, na Casa Sara, tamén en Negueira. O prezo do menú será de 2 euros.

Ademais, ás 00:00 horas sortearase unha cesta con produtos da zona entre as persoas participantes. Para entrar no sorteo será necesario selar nos tres establecementos. Os folletos estarán dispoñibles na Casa Sidrón e deberán depositarse na Casa Sara.

A programación comezará xa pola tarde, de 18:00 a 19:00 horas, cunha representación teatral de "Aldara na montaña", a cargo de Soraya Lema, na Praza do Concello.

A xornada rematará cunha verbena a partir das 22:00 horas, amenizada por Rocío e o seu acordeón.

0.13111305236816