Negueira de Muñiz pon en marcha un curso de memoria para persoas adultas

O Concello de Negueira de Muñiz organizará un curso de memoria destinado a exercitar a mente e estimular as capacidades cognitivas das persoas participantes.
A actividade comezará o martes 3 de novembro e terá lugar semanalmente no local social da localidade.
As sesións desenvolveranse todos os martes en horario de 11:00 a 12:00 horas, cunha proposta orientada a manter activa a memoria a través de diferentes exercicios.