Nerea Méndez, do Club Waterpolo Lugo, xogará o campionato de España infantil

LugoXa
A xogadora lucense do Club de Waterpolo Lugo, Nerea Fernández Méndez, xogará representando a Galicia no campionato de España infanti
Nerea Waterpolo lUgo
Nerea Waterpolo lUgo
31 Mar 2023

A xogadora lucense do Club de Waterpolo Lugo, Nerea Fernández Méndez, xogará representando a Galicia no campionato de España infantil por federacións territoriais que se celebrará do 1 ao 4 de abril na piscina M86 de Madrid.

O equipo Club Waterpolo Lugo, que naceu no 2018, conta esta tempada por primeira vez con equipos de categorías inferiores en competición oficial. Tanto o equipo infantil como cadete están xogando a liga autonómica co obxectivo de seguir crecendo desde a base e darlle continuidade a este proxecto deportivo.

0.18842911720276