Non Servium, Boikot e Dakidarría encabezan o cartel da última edición de A Candeloria

LugoXa
O festival celebrará 'O último berro' o 11 de abril no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, despedíndose tras máis dunha década
A-Candeloria
8 Sep 2025

A Candeloria anunciou os primeiros artistas confirmados para a súa última edición, bautizada como 'O último berro', que terá lugar o 11 de abril de 2026 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Entre os nomes destacados figuran Dakidarría, Non Servium, Boikot, Juantxo Skalari & La Rude Band e Me Fritos and the Gimme Cheetos, así como o DJ Jordi Pánico.

O festival, que ao longo de máis dunha década se consolidou como un referente no panorama musical e festivaleiro, pretende despedirse cun evento apoteósico no que estarán presentes algunhas das bandas que acompañaron ao público lucense durante todos estes anos.

A capital galega gozará así de lendas do punk como Non Servium, referentes do país como Dakidarría, a icona do ska Juantxo Skalari, a enerxía inconfundible de Me Fritos e o repertorio de himnos que ofrecerá Boikot.

⚙ Configurar cookies
0.14270997047424