Normas a cumprir baixo o novo estado de alarma

TerraChaXa | LugoXa
Trala declaración onte dun novo estado de alarma o BOE publicou o Real Decreto, polo que xa o toque de queda entrou en vigor esta noite desde as 23 horas a 6 da mañá.
autoridades comidamaiores xermade
26 Oct 2020

Trala declaración onte dun novo estado de alarma o BOE publicou o Real Decreto, polo que xa o toque de queda entrou en vigor esta noite desde as 23 horas a 6 da mañá. Terá unha vixencia ata o próximo 9 de novembro, pero o Goberno central quere pactar co resto de grupos parlamentarios unha prórroga de seis meses.

Os presidentes autonómicos serán os encargados de ir perfilando as medidas segundo a evolución da pandemia nos próximos días.

A recomendación xeral e quedar na casa o máximo posible e sobre todo que nas reunión con non convivintes non se superen as 6 persoas.

Así, o BOE sinala que entre as 23.00 e as 6.00 horas, as persoas unicamente poderán circular polas vías ou espazos de uso público para a realización de certas actividades:

  • Compra de medicamentos e bens de primeira necesidade.
  • Asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios e veterinarios de urxencia.
  • Por cumprimento de obrigacións laborais, profesionais, empresariais, institucionais ou legais.
  • Retorno ao lugar de residencia habitual.
  • Asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes, persoas con discapacidade ou persoas especialmente vulnerables.
  • Por causa de forza maior ou situación de necesidade.
  • Reposición en gasolineiras ou estacións de servizo, cando resulte necesario para a realización das actividades de obrigado cumprimento.

En principio non está prohibida a mobilidade entre provincias nin comunidades autónomas, aínda que o decreto prevé que en caso de prohibirse haberá excepcións. Así, manteranse vixentes as mesmas excepcións que ao toque de queda e ademais:

  • Asistencia a centros universitarios, docentes e educativos, incluídas as escolas de educación infantil.
  • Desprazamento a entidades financeiras e de seguros ou estacións de reposición en territorios limítrofes.
  • Trámites administrativos inaprazables.
  • Realización de exames ou probas oficiais inaprazables

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19059586524963