Nova actuación dentro do ciclo O que queda de verán este xoves

LugoXa
O próximo xoves 1 de setembro terá lugar Infinit unha nova actuación do ciclo O que queda de verán, ás 18.00 na praza Anxo Fernandez Gomez
30 Ago 2022

O próximo xoves 1 de setembro terá lugar Infinit unha nova actuación dentro do ciclo O que queda de verán, ás 18.00 na praza Anxo Fernandez Gomez.

Infinit de Seon  é un espectáculo que cuestiona os difusos comezos e finais de todo canto temos ao redor. Acrobacia, trapecio Washington, clown e danza son os ingredientes deste remuíño de humor existencialista. Uns personaxes absurdos, dunha estupidez profundamente intelixente, acabarán cuestionando a nosa propia esencia. Idade recomendada para todos os públicos.

0.15289092063904