Nova concentración dos traballadores de Alcoa á espera do TSXG
O comité de empresa de Alcoa organiza unha concentración no campamento da entrada a fábrica cervense mañá mércores 28 de outubro.
Esta mobilización será de 13 a 15 horas e rogan aos participantes que é necesario manter a distacia de seguridade, a máscara e grupos de 5 persoas.
O mércores, o TSXG pronunciarase sobre as medidas cautelares ao ERE solicitadas polo comité de empresa, Xunta e Goberno central, entre elas que impida á empresa paralizar as cubas.
Así mesmo, o comité de traballadores lembra que colaborará co Banco de Alimentos da Mariña apoiando e acudindo o venres 30 de outubro ás 11 horas ao local que teñen na rúa Corporaciones Municipales nº45 de Foz.
Alí farán unha fila para entregar unha bolsa solidaria e lembran a toda persoa que queira colaborar en que poden levar alimentos como fariña de trigo, azúcar, latas de conservas, compango como chourizo, panceta ou xamón, e produtos de hixiene e aseo.
Ademais, nas datas próximas ao Nadal realizarán outra recollida de alimentos.