Nova edición da Run Foz Run de Nadal

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
29 Nov 2019

O Concello de Foz organiza a nova edición da Run Foz Run que este ano chega a súa cuarta edición.

Unha carreira feita para nenos e maiores, e que será o 22 de decembro a partir das 16.30 horas coa carreira de menores.

A continuación comezará a absoluta, ás 18.15 a cerimonia de premios, ás 18.30 haberá fitdance e zumba e xa por último, ás 19.00 horas haberá crossfit para os participantes.

Esta xornada terá inchables para os pequenos, Dj e chocolatada para amenizar a festa.

Os dorsais poderán ser retirados na carpa da organización situada na praza Rosalía de Castro o día 22 de 11 a 13 e de 15 a 16.30.

Haberá trofeos aos tres primeiros clasificados masculino e feminino de cada categoría.

As incricións poderán facerse ata o venres 20 de decembro e teñen un prezo de 5 euros para a categoría absoluta e gratuita para categorías inferiores.

0.18114495277405