Nova edición de O que queda de verán

LugoXa
Esta nova edición de O que queda de verán contará con catro espectáculos nas tardes dos xoves entre o 19 de agosto e o 8 de setembro
O que queda de veran portada2
O que queda de veran portada2
16 Ago 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou unha nova edición de O que queda de verán, que este ano contará con catro espectáculos nas tardes dos xoves entre o 19 de agosto e o 8 de setembro. “Desde a área de Cultura presentamos a cuarta edición dun ciclo xa consolidado na programación cultural do verán para as nenas e nenos, que ano tras ano é un éxito de acollida entre as familias de Lugo”, explicou Maite Ferreiro.

A nova edición de O que queda de verán achegará espectáculos de circo, teatro e música para público familiar nas tardes dos xoves a partir das 18:00. A entrada será gratuíta ata completar a cabida.

A área de Cultura complementa coa nova edición de O que queda de Verán a programación cultural do verán. Vén de rematar o ciclo Tarde e Tardiña tamén na praza Anxo Fernández Gómez, cunha serie de actividades para público familiar que gozaron  de grande asistencia por parte da veciñanza. Ademais, durante os domingos continúa a celebrarse na praza Maior a Mostra de Vellos Oficios Artesáns, que trae cada día a dous artesáns para facilitar o coñecemento dos oficios a través da vivencia en directo e do facer das e dos artesáns. A área de Cultura completa a programación cultural nestes días co Muralleando, con concertos de grupos locais nas tardes dos venres e sábados na praza da Mosqueira.

Programación “O que queda de verán 2022”

Karpaty de La Troupe Malabo actuará o 18 de agosto. Todo comeza en Karpaty Cirqué, un vello e prestixioso circo ruso. Tras anos de éxito, estallan guerras, epidemias, falta de amor...deixando ao circo na máis absoluta decadencia. Os supervivintes do circo emprenden unha longa viaxe na procura dun lugar onde poder realizar o seu soño: volver a mostrar a súa arte ao público. Serán capaces de lembrar como era o espectáculo? De como funcionaba o circo? KARPATY é un espectáculo único de clown, malabares, acrobacias, maxia e música en directo que non deixará a ninguén indiferente. A idade recomendada é a partir dos 5 anos.  

Asacocirco show de Asacocirco terá lugar o 25 de agostom, este é un espectáculo que nace da colemia e idiotez dos seus protagonistas: Mirroska e Juanito, os dous clowns deste divertido mini circo. Da fusión destes dous pallasos e do público, créase a maxia do teatro de rúa, sonrisas aseguradas. Os personaxes irrompen en escena alborotando coas súas ganas de protagonismo, como a dun neno. A partir de aquí: unha presentación, un número de maxia cómica, números de mazas, bólas e acrobacias mesturadas con xogos participativos co público. Todo isto en clave de humor, que fará pasar aos asistentes un intre divertido e sen desperdicio. Recomendado para todos os públicos.

Infinit de Seon terá lugar o 1 de setembro e  é un espectáculo que cuestiona os difusos comezos e finais de todo canto temos ao redor. Acrobacia, trapecio Washington, clown e danza son os ingredientes deste remuíño de humor existencialista. Uns personaxes absurdos, dunha estupidez profundamente intelixente, acabarán cuestionando a nosa propia esencia. Idade recomendada para todos os públicos.

o 8 de setembro terá lugar Adoro de Cia Alta Gama que presenta as vicisitudes da parella fronte ao amor. Ela ven a deslumbrarnos coa súa voz e a súa música. El, o seu axudante, que máis que axudar, interrompe. Un perfecto xogo de clown. Dous idiotas que enredan e pelexan. O resultado sempre é o mesmo: O público rí. Adoro é un espectáculo que nos invita a amar, rír e soñar. Un lugar onde as relacións de parellas e as súas complicacións lévanse con humor e alegría. Un show de “clown” con música en directo e sorprendentes acrobacias sobre a bicicleta. A idade recomendada e para todos os públicos.

0.16338586807251