Nova edición do concurso poético 'Rosalía sempre viva'

TerraChaXa | LugoXa
A Casa-Museo Manuel María convoca máis unha edición, a sexta, do Concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva.
DSC_0112
18 Nov 2019

A Casa-Museo Manuel María convoca máis unha edición, a sexta, do Concurso escolar de recitado poético Rosalía sempre viva. Segundo as bases que se veñen de publicar, os centros educativos teñen até o 27 de xaneiro para se inscribir nun certame que o ano pasado reuniu en Outeiro de Rei máis de un centenar de alumnado de toda a xeografía galega.

Centrado no recitado de versos da obra en galego de Rosalía ou da ampla produción poética de Manuel María, o concurso escolar ten como obxectivo potenciar a expresión oral e a creatividade do alumnado a través do coñecemento e o recitado da poesia de dúas das voces máis importantes e populares da literatura galega. 

A fase final do certame, dirixido a todo o alumnado galego de ensino non universitario, desde Primaria a Bacharelato e Ciclos Formativos, celebrarase no auditorio da Casa-Museo Manuel María o 14 de marzo do próximo ano e as bases pódense ver na web da Casa-Museo Manuel María.

0.081616878509521