Novo alumeado público no CEI Nodus de Lugo

LugoXa
El Concello de Lugo instala nuevo alumbrado público en el CEI Nodus. En total se invirtieron más de 6.000 euros.
alumeado cei nodus lugo alexandre penas
21 Feb 2022

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou o CEI Nodus, onde o Goberno de Lugo está a instalar novo alumeado público. Con esta actuación avanzase na mellora da rede de alumeado público e mellorase do mesmo xeito a imaxe desta zona da cidade, ademais de eliminar unha zona escura da cidade, instalarase un alumeado eficiente que permitirá aforrar os custos de consumo eléctrico soportados polo Concello.

A concellería de Infraestruturas instalou 3 novos proxectores LED asimétricos, que permiten un maior alcance que os tradicionais, sobre as columnas existentes na zona. Ademais, instalouse unha nova columna de 9 metros de altura cunha luminaria vial, que permitirá mellorar a visibilidade. En total, investíronse 6.245,43 eurros.

Nos últimos dous anos a área de Infraestruturas renovou o alumeado en múltiples zonas da cidade, instalando novas luminarias en rúas como a avenida Filharmónica Lucense, que non contaba con alumeado público, e reducindo a cantidade de luminarias con elementos contaminantes, como o vapor de sodio ou de mercurio instaladas na cidade.

Desde a concellería de Infraestruturas continúase a investir na renovación da rede de alumeado, con distintos proxectos postos en funcionamento por toda a cidade, que se executarán durante o 2022.

0.15676093101501