Novo récord de particiación no certame de Poemas Pendurados de Farolas

TerraChaXa | LugoXa
Rematado o prazo para o envío de poemas para o 4° certame de Poemas Pendurados de Farolas, adicado este ano á pandemia da covid-19, foron 85 os poemas recibidos con esa temática e que decorarán outras tantas farolas de Guitiriz durante un mes dende mediados de xaneiro.
030818 Entrega diplomas
17 Dec 2020

Rematado o prazo para o envío de poemas para o 4° certame de Poemas Pendurados de Farolas, adicado este ano á pandemia da covid-19, foron 85 os poemas recibidos con esa temática e que decorarán outras tantas farolas de Guitiriz durante un mes dende mediados de xaneiro.

Este ano acadouse un novo record de participación con poetas de diferentes lugares da xeografía galega, de Asturias, e de Portugal e algún do resto do Estado.

Nas edicións anteriores as temáticas foron a violencia machista, a vaga de lumes e os recortes de liberdades. Este ano era obrigado facer un repaso creativo ao feito máis trascendente,  que é a pandemia de coronavirus na visión dos poetas. "A poesía é tamén unha arma de combate social e compromiso co que nos rodea, e así o constatamos trasladando temáticas que preocupan á xente á rúa en forma de poemas convertindo cada farola nas rúas en páxinas dun grande poemario colectivo achegando a poesía á rúa", indican na organización.

Os 83 poemas adicados á covid-19 serán tamén editados en formato PDF nun libro dixital para a súa descarga gratuita na web da NPG Nova Poesia Guitirica www.npggazeta.gal.

Nos próximos días sairá tamén a convocatoria da edición V do Certame Vilariñas.

0.11312890052795