Numerosa presenza do Ría de Foz no Campionato Galego de Campo a través
No concello pontevedrés de Portas, celebrouse a final do Campionato Galego de Campo a Través en idade escolar. A expedición do Ría de Foz, composta por case 20 atletas, estivo a altura do agardado e competiu de “ti a ti” co mellor do panorama galego.
Os pequenos chegaron a este campionato galego despois de realizar un gran papel no campionato comarcal e provincial, onde se destacaran como o Club da comarca da Mariña que máis atletas clasificara para o Campionato Galego e o segundo club da provincia máis laureado. De feito, o Club subira ao podio en todas as categorías nas que participaba.
Nesta ocasión, o Ría de Foz participaba no Campionato Galego con catro equipos (Alevín Masculino, Infantil Feminino, Infantil Masculino e Cadete Masculino) e unha atleta cadete que se clasificara de xeito individual (Helena Celada).
Salientaron os resultados de:
CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINA
5º posto individual de Nicolás Méndez
8º Equipo clasificado Ría de Foz – Martínez Otero
CATEGORÍA INFANTIL FEMININA
11º posto individual de Sara Housni
7º Equipo clasificado Ría de Foz – Martínez Otero
CATEGORÍA INFANTIL MASCULINA
9º posto individual de Xabi Rodríguez
7º Equipo clasificado Ría de Foz – Martínez Otero
CATEGORÍA CADETE MASCULINA
20º posto individual de Hussam El Khiari
7º Equipo clasificado Ría de Foz – Martínez Otero