O 20 e 21 de outubro celebrarase a sexta edición da Feira do Mel de Baleira

O venres 20 e sábado 21 de outubro celebrarase a sexta edición da Feira do Mel de Baleira, unha cita que promove a Asociación Montes e Vales Orientais e o Xeodestino Ancares Terras de Burón para promocionar e exaltar os produtos da Montaña.
Nesta cita existen moitos postos deapicultores e faise entrega das distincións a socios certificados dos premios do concurso de cata e dos galardóns do concurso Pintameles para o alumnado dos centros escolares da comarca. A feira adoita incluir ao longo da xornada numerosas actividades, como obradoiros, charlas técnicas e degustacións.
Para participar será necesario chamar aos teléfonos 982 355 290 ou 659 275 743.
