O 27 de febreiro o entroido chegará a Antas de Ulla
O domingo 27 de febreiro o Concello de Antas de Ulla celebrará unha festa infantil de entroido. A cita contará con chocolatada e actividades dirixidas para os nenos co fin de que pasen un tempo de calidade e ocio coa veciñanza nunhas datas de festividade como é o entroido.
A festa comezará ás 16.00 horas na praza nova. Haberá un desfile de disfraces con agasallos para todos aqueles que participen e se disfracen, unha festa infantil con inchables de diferentes estilos, rocódromo, etc. Ademais, para poñerlle o toque doce á celebración, os asistentes poderán desfrutar dunha chocolatada.
Despois da situación vivida no ano pasado, no que este tipo de celebracións eran un risco maior, neste ano co achegamento que se está a realizar cara a normalidade, son moitos os Concellos que realizan festas, concursos e desfiles co fin de recuperar esta tradición e que os nenos e nenas do municipio pasen un bo rato cos seus iguais.