O 5% do PXOM chega sen aparentes apoios ao pleno de Lugo

LugoXa
O BNG avanzou o seu voto en contra ao PXOM mentres que os populares esixen máis tempo para estudar o documento.
Lara Mendez PXOM Alvaro Santos
16 Xuño 2022

Este venres, o Concello de Lugo celebrará un pleno extraordinario no que os socialistas buscarán o apoio da corporación á aprobación do 5% do Plan Xeral de Ordenación Municipal que queda sen ratificar.

Unha parte deste plan urbanístico que leva máis de 20 anos parada e que sempre abriu grandes debates no seo da corporación, logo de paralizalo o Goberno Autonómico. Nalgúns casos, o informe da Xunta consideraba que este 5% do plan non estaba correctamente xustificado, tamén apuntaba distintas constradiccións, ou a falta de delimitación nalgúns solos. Estes erros botaban por terra o 5% deste documento que afecta a preto de 70 núcleos e parroquias rurais do municipio.

Neste senso, os populares pedían esta mañá o aprazamento da sesión plenaria deste venres. Critican que o Goberno lles facilitase a documentación deste PXOM a dous días e medio da convocatoria e recriminan que a rexedora negárase a recibir aos populares para “consensuar o documento de maior envergadura do municipio”.

Hai que ter en conta que no expediente hai documentación de 82 núcleos, 20 sectores, 29 planos e 87 fichas, lembran os populares que interpretan que a alcaldesa os “ningunea”. “Quizais xa ten os votos do seu socio nacionalista e, por iso, rexeita facer acordos co principal grupo da oposición que é o que máis edís ten na corporación”.

Os populares trasladaron hoxe esta petición aos medios de comunicación nunha rolda de prensa e formalizarona presentando no rexistro un escrito dirixido á alcaldesa.

Pola súa banda, o Bloque advertía esta mañá que non apoiaría a aprobación desta parte do documento de ordenación por “ser coherentes” co traballo feito e as decisións tomadas con anterioridade pola agrupación ao respecto deste plan.

0.20040702819824