O 52º Festival de Música Cidade de Lugo celebrará tres concertos no Auditorio Fuxan os Ventos

LugoXa
O Círculo das Artes e o Conservatorio Xoán Montes serán as outras dúas sedes do Festival de Música Cidade de Lugo 2025
Festival-de-Música-Cidade-de-Lugo-2025
23 Apr 2025

Presentouse o 52º Festival de Música Cidade de Lugo, que volve en 2025 con oito concertos con carácter internacional e presenza galega.

Por primeira vez, o Auditorio Municipal Fuxan os Ventos será un dos escenarios principais deste festival, con tres dos oito concertos celebrándose nesta instalación. O Círculo das Artes e o Conservatorio Xoán Montes serán as outras dúas sedes do Festival de Música Cidade de Lugo 2025.

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado pola deputada provincial responsable da área de Cultura, Iria Castro, e Xosé Luís Díaz en representación da Sociedade Filarmónica de Lugo, presentaron o evento.

Arroxo destacou que este é "o festival de música máis antigo de Galicia, e un dos máis antigos do estado, que celebra este ano a súa 52ª edición", e afirmou que o programa deste ano "inclúe a artistas e propostas musicais de gran calidade artística e prestixio internacional".

Pola súa parte, Iria Castro sostivo que "desde a área de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo mantemos o noso compromiso con todas as manifestacións artísticas, apoiando ao tecido cultural local e favorecendo que a veciñanza poida desfrutar de propostas que sen este tipo de iniciativas non sería posible ver en Lugo", e engadiu que "este ano contaremos cunha actividade de música na rúa a cargo de estudantes do Conservatorio, escolas de música e agrupacións e intérpretes locais".

A responsable provincial de Cultura destacou o papel da Sociedade Filarmónica de Lugo "na organización ano tras ano desta mostra garantindo sempre a calidade das e dos artistas escollidos".

Programación 52 festival de música Cidade de Lugo

  • 17 de maio, ás 20.30 horas. Gallaecia Ensemble Barroco Eu, Francesca no Auditorio Fuxan Os Ventos. Conmemoración do 400º aniversario da creación de La Liberazzione di Ruggiero de Francesca Caccini, primeira ópera que se conserva composta por unha muller.
  • 20 de maio ás 20.30 horas. La Spagna Jiayu Jin, soprano Lamenti di donna no Círculo das Artes.
  • 23 de maio ás 20.30 horas. La Ritirata Il Spiritillo Brando (Músicas cortesanas de Italia e España na transición do Renacemento ó Barroco) no – Conservatorio Prof. de Música “Xoán Montes”.
  • 24 de maio ás 20.30 horas. Cosmos Quartet Ecos Londinenses (Haydn, Adès, Purcell & Britten) no Círculo das Artes.
  • 27 de maio ás 20.30 horas. Eduardo Fernández, piano Recital (Bach, Sibelius, Liszt & Chopin) no Conservatorio Prof. de Música “Xoán Montes”.
  • 29 de maio ás 20.30 horas. Carlos Mena, contratenor Concerto 1700 Sacro Vivaldi no Círculo das Artes.
  • 30 de maio ás 20.30 horas. Orquestra Gaos Daniel Vlashi, violín Fernando Briones, director Bruch: Concerto para violín / Falla: O Sombreiro de tres picos no Auditorio Fuxan Os Ventos.
  • 31 de maio ás 20.30 horas Orquestra Sinfónica Vigo 430 Nancy Zhou, violín Isabel Rubio, directora Chaikovski: Concerto para violín / Beethoven: Sinfonía nº 6 no Auditorio Fuxan Os Ventos.
⚙ Configurar cookies
0.17742490768433