O 8 de setembro sairán os Cocos polas rúas de Ribadeo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Ribadeo lembrou que neste 2020 non haberá festas patronais ao uso, pero si están programados algúns actos como a actuación da Banda Municipal de Música, ás oito desta tarde, no campo de fútbol Gregorio Sanz.
5 sep 2020

Ademais o 8 de setembro ás 11.30 horas sairán os Cocos polas rúas da vila, acompañados dos grupos de música de Amigos de Gaita e Illa Pancha e na misa da patroa actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.

A Coca e o Coco sairán áss 11:45 horas da oficina de Turismo para facer un percorrido polas Catro Rúas e o primeiro tramo de San Roque. Farán unha parada na praciña de San Roque, onde se porá un valado que protexerá aos bailadores e bailadoras, e despois seguirán polas rúas Ramón González, Doutor Moreda, Avenida de Asturias e Rúa San Francisco.

0.19513297080994