O acceso á piscina de Viveiro será con cita previa e haberá limitacións no aforo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Viveiro, tras o anuncio da reapertura das instalacións da piscina, que terá lugar o vindeiro 21 de setembro, quere explicar aos veciños e veciñas de Viveiro as medidas establecidas para a prevención do covid-19.
60204851_822347498158362_3119822127365095424_o
10 sep 2020

O Concello de Viveiro, tras o anuncio da reapertura das instalacións da piscina, que terá lugar o vindeiro 21 de setembro, quere explicar aos veciños e veciñas de Viveiro as medidas establecidas para a prevención do covid-19.

A pisicina abrirá en horario de luns a venres, de 8:00 a 22:15 horas, e os sábados de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.

Cómpre indicar, en primeiro lugar, que será necesario solicitar cita previa para acceder ao vaso da piscina (o ximnasio e as salas de cardio e entrenamento persoal non requerirán de cita previa). A cita debe perdirse o día anterior ou ese mesmo día, por teléfono ou de forma presencial en recepción, concedéndose unha única cita diaria por persoa.

Para pedir cita para utilizar o vaso da piscina o día 21 de setembro, data da reapertura, as persoas interesadas deben chamar por teléfono o venres 18 e sábado 19 de setembro, de 9:00 a 14:00 horas.

Ademais, vanse establecer as seguintes limitacións de aforo e tempo de uso. Polo que atinxe ao aforo, este será de 2 persoas por cada calle na piscina; 2 persoas no jacuzzi, 2 persoas ou unidade familiar na piscina de chapoteo e 8 persoas no ximnasio.

O tempo máximo de uso da piscina e do ximnasio será de 45 minutos; da sala de cardio será de 30 minutos e do jacuzzi, de 20 minutos (este tempo máximo poderá excederse no suposto de que non haxa demanda e previa autorización do monitor/a). As saunas permanecerán pechadas.

Por outra banda, cómpre indicar que este ano, atendendo ás circunstancias actuais, non se impartirán cursos de natación para os nenos nin para adultos e que tamén se eliminan as actividades dirixidas de sala: sppining, pilates, trx, etc., habilitándose unha sala extra para uso de entrenamento persoal, debidamente delimitada por áreas, e aumentándose a sala de cardio con dez bicicletas de spinning máis para o uso libre por parte dos socios e socias.

Con respecto ás medidas establecidas para a utilización das instalacións, hai que sinalar que, de xeito xeral, será obrigatorio usar xel hidroalcohólico antes de acceder ás instalacións, manter a distancia interpersoal de 2 metros en todo momento, usar mascarilla sempre nas zonas comúns (excepto durante a práctica deportiva na sala de cardio) e circular nos pasillos pola dereita.

Ademais, será obrigatorio o uso de toalla para cubrir as máquinas; estará prohibido acceder as salas de cardio e ximnasio con calzado de rúa; a limpeza das máquinas, taquillas e material deportivo será obrigada despois do seu uso e recoméndase, na medida do posible, evitar o uso de vestiarios e duchas.

Finalmente, tendo en conta que a piscina pechou como consecuencia da pandemia en data 15 de marzo, cando xa estaban cobrados os importes correspondentes a ese mes, a aquelas persoas que queiran seguir sendo socios da piscina, non se lles cobrará o importe correspondente aos primeiros quince días tras a súa reapertura. A aquelas persoas que non queiran continuar sendo socios da piscina, devolveráselles o importe correspondente a eses 15 días nos que a piscina estivo pechada.

0.20499491691589