O Alpha Wolf Pack de Lugo logra o cuarto posto por equipos na Asturias Cup de Jiu Jitsu

LugoXa
O equipo lucense, con só tres atletas, conseguiu seis medallas na competición celebrada en Langreo, con dous ouros para Pablo Pérez e Mario Corujo
Alpha-Wolf-Pack-asturias
7 Oct 2026

O equipo Alpha Wolf Pack de Lugo conseguiu o cuarto posto por equipos na Asturias Cup de Jiu Jitsu Brasileño, celebrada o sábado 3 de outubro en Langreo (Asturias) e organizada por SpainBJJTour baixo a regulamentación da FIJJD. A competición reuniu máis de 300 atletas e contou cunha importante presenza de público.

O conxunto lucense, liderado por Krön Castaño, participou con tres deportistas e acadou un total de seis medallas entre as modalidades con kimono e No Gi.

Pablo Pérez proclamouse campión tanto na modalidade con kimono como en No Gi na categoría de cinturón branco infanto-xuvenil B. O deportista mantén así unha destacada traxectoria, con vitorias nos torneos nos que participa en ambas modalidades.

Mario Corujo tamén conseguiu o ouro con kimono e o ouro en No Gi na categoría de cinturón azul máster. O lucense impúxose en combates de gran esixencia e asinou unha actuación destacada na competición.

Pola súa banda, Xue Corujo logrou o ouro en No Gi e o bronce con kimono na categoría de cinturón branco infantil, nunha nova mostra da súa progresión deportiva de cara ás próximas competicións.

Con estes resultados, o Alpha Wolf Pack situouse no cuarto posto da clasificación por equipos a pesar de contar unicamente con tres atletas, un resultado de especial relevancia polo reducido número de participantes.

O equipo lucense xa ten fixadas as súas próximas citas. O 17 de outubro, Diego Rodríguez e Djaouad Abdelali participarán en Furious FC, unha velada de MMA que se celebrará en Salamanca. Posteriormente, o 7 de novembro, o Alpha Wolf Pack competirá na Costa da Morte Cup de Jiu Jitsu, o Open de Galicia que terá lugar en Sada (A Coruña).

0.16063904762268