O alumnado de Salesianos crea o xornal “A voz da Nosa Lingua” durante a Semana da Prensa

O alumnado do colexio Salesianos participou activamente na celebración da Semana da Prensa cunha proposta educativa centrada no coñecemento do traballo xornalístico.
Ao longo destes días, os estudantes puxéronse na pel dos profesionais da información para investigar, redactar contidos e compartir co resto das clases como se desenvolve a labor nos medios de comunicación.
Como resultado desta experiencia, o alumnado elaborou o seu propio xornal, titulado A voz da Nosa Lingua, no que recolleron diferentes informacións e traballos realizados durante esta actividade educativa.
A iniciativa contou ademais coa colaboración do xornal LugoXa, que facilitou exemplares do medio para que o alumnado puidese coñecer de primeira man o funcionamento dun xornal e utilizalos como referencia durante o proceso de aprendizaxe.
Desde o centro destacan que a proposta permitiu vivir unha semana chea de aprendizaxe, creatividade e convivencia entre o alumnado. A actividade converteuse así nunha experiencia moi positiva que lles permitiu achegarse ao mundo do xornalismo mentres compartían momentos especiais nas aulas.