O alumnado do CPR Divina Pastora de Lugo recibe os seus carnés de Ciberexperto
LugoXa
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu ao CPR Divina Pastora para facer entrega dos carnés de “Ciberexperto” da Policía Nacional a escolares do centro.
![CPR Divina Pastora ciberexperto](https://lugoxa.com/wp-content/uploads/2024/04/CPR-Divina-Pastora-ciberexperto.jpg)
CPR Divina Pastora ciberexperto
18 Abr 2024
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, acudiu ao CPR Divina Pastora para facer entrega dos carnés de “Ciberexperto” da Policía Nacional a escolares do centro. A subdelegada remarcou a importancia que ten para estes 50 alumnos e alumnas de sexto de primaria o facer un bo uso das redes e internet para saber como actuar en casos de perigo.
Isabel Rodríguez destacou os beneficios do Plan Director para a xuventude no ámbito educativo para cuestións como a sensibilización e formación sobre os riscos das novas tecnoloxías, o uso de ferramentas que facilitan a navegación, a xestión da intimidade nas redes e adquisición de habilidades para unha comunicación segura en redes sociais.