O Anxo Carro acollerá o partido da selección española sub-21 fronte a San Marino o 14 de novembro

LugoXa
Catorce anos despois da última visita, o estadio lugués volverá ser escenario dun encontro internacional de clasificación para o Europeo da categoría
sub-21-Anxo-Carro
14 Oct 2025

O estadio Anxo Carro volverá a vivir unha xornada de fútbol internacional. A selección española sub-21 disputará en Lugo, o vindeiro 14 de novembro, o seu partido fronte a San Marino, correspondente á fase de clasificación para o Campionato de Europa da categoría.

Será unha cita especial para a cidade e para todos os seareiros albivermellos, que poderán revivir a emoción do 5 de setembro de 2011, cando o conxunto nacional se impuxo a Xeorxia nun encontro que encheu as bancadas e deixou unha lembranza inesquecible no Anxo Carro.

Catorce anos despois daquela visita, o fútbol internacional regresa ao estadio lucense, que se converterá de novo no epicentro do deporte nacional durante uns días.

O Club Deportivo Lugo e a Real Federación Española de Fútbol traballan xa conxuntamente na organización e nos preparativos para acoller este evento, que promete encher de ambiente e ilusión a capital luguesa.

⚙ Configurar cookies
0.067469120025635