O Apalpador chega mañá a Lugo

LugoXa
A Praza Maior acolle mañá a visita do Apalpador que será no Vello Cárcere se chove.
21 Dec 2022

A Praza Maior acolle mañá a visita do Apalpador que será no Vello Cárcere se chove. 

Dende ás 17.30 haberá ruadas musicais que anunciarán as actividades e percorrerán diferentes puntos da cidade. 

A partir das 18.00 haberá dous obradoiros, o primeiro Pintámonos como seres de fraga a cargo de Semente e o segundo Recantos de xoguetes de madeira coa asociación Antonio Gandoy. 

Os Cantos de Nadal a cargo de Troupelear darán comezo ás 18.30 e ás 19.00 será a chegada do Apalpador. 

A Foliada Final dará comezo ás 19.30 e contará con A Volta do Agro, Tradescola e Cántigas e Frores.

0.10758805274963