O Atletismo Lucus compite no Campionato de España sub-14 coa súa formación feminina

O Club Atletismo Lucus participa esta fin de semana en Vigo, por segundo ano consecutivo, no Campionato de España por equipos sub-14. Nesta ocasión, é o equipo feminino o encargado de representar a cidade de Lugo na competición estatal.
A participación supón unha oportunidade de aprendizaxe e convivencia deportiva para as mozas atletas, que poderán vivir unha experiencia destacada nun campionato nacional a unha idade temperá, independentemente dos resultados que acaden.