O Atletismo Lucus consegue un pleno de medallas no Galego de marcha de inverno

LugoXa
O club lucense tamén destacou no Cros Internacional de Atapuerca e na proba de campo a través do Xogade disputada no Pazo de Feiras de Lugo
marchadoras-Atletismo-Lucus
23 Nov 2026

O Atletismo Lucus asinou unha intensa fin de semana de competicións con destacados resultados en tres citas deportivas. O sábado, no Campionato Galego de Inverno de Marcha, Trofeo Irmáns Chamosa, disputado en Pontevedra, o club conseguiu un pleno de medallas. Sobresaíu a vitoria da cadete Eva Veiga, que esta tempada non atopou rival nin en Lugo nin en Galicia, seguida da súa compañeira de adestramentos Sara Cabado.

Na categoría absoluta, Noa Abelleira regresou á competición cun terceiro posto na clasificación xeral e un segundo na categoría sub-20. Na mesma proba, Marta García conseguiu tamén a medalla de bronce na categoría sub-18.

A actividade continuou o domingo no Cros Internacional de Atapuerca, onde participou o Lucus Caixa Rural Galega. Entre os resultados máis destacados estiveron o quinto posto de Teo de Frutos e o noveno de Iker Fernández, ambos na categoría sub-20. En sub-16, Yago de Frutos rematou no posto 75, mentres que Estela Díaz foi 28ª na categoría feminina sub-20. Na categoría sub-10, Alejandro Farías conseguiu a 26ª posición.

Na competición por equipos sub-18, o conxunto masculino, formado por Ismael Rodríguez, Enrique García, Lucas Santido, Xaime Bereket e Fabio de las Heras, acadou unha meritoria sexta posición. O equipo feminino, integrado por Lucía Cando, Inés Méndez, Sabela Nieves e Nerea Braña, finalizou no posto 16.

A fin de semana completouse en Lugo, no Pazo de Feiras, coa proba de campo a través do programa Xogade, que contou cunha ampla representación do club. Nesta cita destacaron a vitoria de Martiño Méndez e o segundo posto de Lia Maira. Ademais, o Lucus conseguiu clasificar practicamente a totalidade dos equipos que presentou á competición.

0.17237401008606