O barrio de San Antonio celebra o seu tradicional Cocido o 28 de febreiro

LugoXa
A cita gastronómica comezará ás 14:30 horas e contará coa actuación do grupo de música tradicional Os Xílgaros de Lugo
xilgueiros lugo
27 Feb 2026

O barrio de San Antonio acollerá este 28 de febreiro unha nova edición do seu tradicional Cocido de San Antonio, unha cita gastronómica que dará comezo ás 14:30 horas nunha carpa instalada fronte ao CIS da Residencia.

O evento, organizado pola Asociación de Veciños e Comerciantes do barrio de San Antonio, contará ademais coa actuación do grupo de música tradicional Os Xílgaros de Lugo, que amenizará a xornada festiva a partir das 14:30 horas, poñendo o toque musical a unha celebración que cada ano reúne a numerosos asistentes.

O prezo dos tickets será de 20 euros para socios e de 25 euros para o público xeral. As persoas interesadas poden solicitar máis información no teléfono 629 254 041.

0.12182283401489