O barrio do Paradai celebrará a súa primeira xuntanza veciñal o 31 de maio en Lugo

LugoXa
O evento terá lugar no pavillón do colexio, a partir das 13.00 horas, e contará cunha ampla programación ao longo da xornada
xuntanza-vecinal-paradai
4 May 2026

A Asociación de Veciños do barrio do Paradai organiza para o vindeiro domingo 31 de maio a primeira edición da súa xuntanza veciñal, unha iniciativa que busca fomentar a convivencia e reforzar os lazos entre a veciñanza nun ambiente festivo e participativo.

O evento terá lugar no pavillón do colexio do Paradai, en Lugo, a partir das 13.00 horas, e contará cunha ampla programación ao longo da xornada. Entre as actividades previstas inclúense unha sesión vermú con actuación musical, unha exhibición de batucada, un torneo de tute, karaoke infantil, xogos e animación para os máis pequenos, así como diversas actuacións musicais e sorteos.

A xuntanza contará tamén cun xantar veciñal cun menú composto por empanada, paella, churrasco mixto con patacas, sobremesa, café e bebidas. O prezo dos tickets é de 35 euros para adultos e de 18 euros para nenos e nenas de ata 10 anos.

As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas en distintos establecementos da zona, así como a través dos contactos facilitados pola organización, cun prazo límite fixado para o mércores día 27.

A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Lugo e da Xunta de Galicia, nace co obxectivo de consolidarse como unha cita anual que poña en valor a vida comunitaria baixo o lema “Un barrio, unha veciñanza”.

0.14192008972168