O BNG aproba a candidatura para as vindeiras eleccións

LugoXa
A Asemblea Local do BNG aproba a súa candidatura ao Concello de Lugo para as vinceiras eleccións municipais de maio
BNG tineria
BNG tineria
1 mar 2023

A asemblea local do BNG en Lugo aprobou a única proposta de candidatura presentada para concorrer ás vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Rubén Arroxo encabezará a candidatura que, nesta ocasión, estará pechada pola escritora Marica Campo. O BNG apostou pola continuidade das e dos concelleiros que conforman o actual Grupo Municipal, “para continuar a traballar no cambio que iniciamos en Lugo neste período”.

O BNG aprobou as 25 persoas que conformarán a candidatura, da que Rubén Arroxo destacou “a incorporación de mocidade e de persoas que teñen unha recoñecida traxectoria profesional en diversos ámbitos”. Na candidatura destaca a implicación social de gran parte das integrantes e a súa participación en movementos culturais, veciñais, sociais e sindicais.

“Buscamos que estivesen representados diferentes sectores profesionais e contar cunha variada presenza de persoas vencelladas a colectivos sociais” dixo Arroxo e sinalou a inclusión na candidatura de persoal da sanidade, funcionarios, deportistas, persoas xubiladas, profesionais independentes, autónomos, persoal do ensino e da universidade, estudantes, etc...