O BNG burelés propón medidas de reforzo do servizo de socorrismo
Nas últimas datas foron publicadas na prensa, sen nin se quera notificar oficialmente ós concellos, as axudas concedidas pola Xunta de Galicia ós concellos para o servizo de socorrismo. Para Mario Pillado, voceiro do BNG en Burela, "as formas e o fondo son inaceptables con respecto a esta subvención por parte da Xunta. Este novo recorte non fai mais que confirmar unha tendencia á baixa en canto ás aportacións da administración autonómica con respecto ó Concello de Burela e á Mariña en xeral".
Pillado continuou sinalando que "en todo caso e vista a situación da contorna, o noso Concello atópase nunha situación aceptable para dar o servizo con garantías, tendo en conta a realidade da vila en canto a número de areais e dimensións dos mesmos. Non serve de nada perderlo tempo en seguir lamentándonos, o goberno local debe inicialo proceso de contratación inmediatamente para que o servizo comece canto antes".
O voceiro do bloque propón que "se complete o servizo cos profesionais que sexan necesarios, cremos que os seis concedidos pola Xunta mailos dous que se contraten con cargo ó plan único, se debe fixar un obxectivo de dez traballadores, ampliables na medida do posible". Mario Pillado indicó que "somos conscientes da dificultades que pode existir para atopar socorristas, polo que tamén propoñemos como alternativa, se fose necesario a contratación de auxiliares de reforzo do servizo, xa se trate de persoal de enfermería ou ATS's"
Reforza o control das medidas de seguridade
Despois do Comité de Xestión de Praias celebrado o pasado xoves 11 de xuño, no que se explicaron as medidas de seguridade para os areais recollidas na nova normativa derivada do covid-19. En verbas do voceiro nacionalista "instamos ó goberno local a que reforce o control destas medidas de seguridade con persoal de departamentos asimilables como poidera ser os de obras ou protección civil, contando evidentemente coa aprobación dos servizos técnicos municipais. É certo que a capacidade dos concellos é reducida pero cremos que se debe chegar o mais lonxe posible polo ben do conxunto da veciñanza