O BNG culpa á Xunta de non rematar as obras no CEIP Virxe do Carme antes de comezo de curso

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Na pasada campaña electoral o PP anunciaba obras no colexio Virxe do Carme de Burela para ter listo o centro neste inicio de curso, decindo que solventarían a problemática estructural da instalación.
cartel friolModificado
12 Sep 2019

Na pasada campaña electoral o PP anunciaba obras no colexio Virxe do Carme de Burela para ter listo o centro neste inicio de curso, decindo que solventarían a problemática estructural da instalación. Os nacionalistas xa sospeitaban nas últimas semanas que o curso non comezaría, polo menos con normalidade, na data indicada. "É imposible que o centro esté en condicións de comezar o curso posto que o pavillón está ocupado polo mobiliario e material e non vai estar libre cando menos ata comezos de outubro", sinalou o voceiro do BNG Mario Pillado.

"Coma sempre o PP sérvese das institucións con fins electorais para logo non cumplir, neste caso a costa de causar trastorno en toda a comunidade educativa e do resto de usuarios do polideportivo do centro", continuou Pillado. O BNG pedirá explicacións nas institucións nas que está representado e esixirá que se solucionen os atrancos deste inicio de curso.

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18345808982849