O BNG de Castroverde denuncia o uso indebido do centro social Paco Pestana

LugoXa
O BNG de Castroverde, a través da súa concelleira Iria Castro, denuncia o uso indebido que o PSOE municipal lle dá ao centro social Paco Pestana
centro_sociocultural_castroverde
20 Out 2024

O BNG de Castroverde, a través da súa concelleira Iria Castro, denuncia o uso indebido que o PSOE municipal lle dá ao centro social Paco Pestana. Dende a inauguración do centro social Paco Pestana en xullo, non se realizou ningún tipo de acto ou programación cultural no mesmo, a excepción de charlas informativas dirixidas a diversos colectivos e o PSOE pretende facer do mesmo unha sala de festas, facendo alí a súa polvada anual.

“Un centro social debe ser un lugar de desenrolo cultural aberto a toda a cidadanía, non usalo con un fin partidista”, expón a edil nacionalista. No pasado pleno de setembro aprobouse unha ordenanza municipal por unanimidade na que, entre outras medidas, establécese que nos locais sociais municipais, como o propio centro social, está prohibido o consumo de bebidas alcohólicas, así como a súa introdución. Dende o BNG critican ao Goberno municipal que aínda non se fixeran actividades culturais, porén "si van utilizar estas instalacións novas para unha comida privada da agrupación socialista, quen van ser os primeiros en incumprir a ordenanza aprobada o mes pasado", denuncia Iria Castro.

Estas instalacións son novas e están c"ase sen estrear, por iso consideramos que se poden utilizar outras como o mercado gandeiro, para celebracións e festas", de feito, xa se celebrou alí o aniversario do Tecor societario Río Chamoso e proximamente celebrarase o magosto. “Non podemos permitir que se o PSOE de Castroverde use as instalacións municipais como se fosen da súa propiedade, son propiedade de todas as veciñas e veciños de Castroverde”, finaliza Castro

0.20299887657166