O BNG de Cervo denuncia avarías no ascensor do centro de día de San Cibrao
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG de Cervo vén de facer pública a súa denuncia sobre as avarías no ascensor da residencia de San Cibrao.
20 Oct 2020
O BNG de Cervo vén de facer pública a súa denuncia sobre as avarías no ascensor da residencia de San Cibrao.
Así, os voceiros nacionalistas cervenses comentaron que esta avaría "condiciona a vida das persoas residentes".
A directora do cento, Diana Durán, asegura que está en coñecemento dos técnicos e á espera das pezas que teñen que vir dende o estranxeiro.
O BNG denuncia que os usuarios e residentes non poden baixar ao soto a facer os seus exercicios e ademais a falta de ascensor fai que louza e cubertos de servizos se freguen nos propios cuartos, ou que todo o material de comidas ou lavandaría suba e baixe por escaleiras, o que ocasiona trastornos de operatividade e de servizo.