O BNG de Foz pide instar ao Goberno á redución do ive nas máscaras

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Grupo Municipal do BNG de Foz solicita do Pleno do Concello a aprobación de propostas como instar ao Goberno do Estado e a Xunta de Galicia a garantir que todas as persoas teñan acceso de forma universal aos medios de protección, instar ao Goberno do Estado para reducir o tipo do IVE das máscaras faciais ao 4% superreducido xa que, ademais, agora son obrigatorios para toda a poboación.
IMG_20200309_120507_624
27 Out 2020

"Dende hai xa moitos meses, estes materiais básicos de protección para a cidadanía son agora obrigatorios para toda a poboación. Cando un cidadánadquire calquera destes produtos debe pagar 21% de IVE e ao BNG de Foz non nos parece adecuado aplicar o tipo de IVE máis alto a un ben de primeira necesidade e xa de uso obrigatorio", din os nacionalistas focegos.

"Coa chegada do novo curso escolar e ante a evolución da situación de emerxencia sanitaria que estamos a padecer, as familias deberán de prover de máscaras os menores en idade escolar antes de saír para os seus respectivos centros educativos.  O custo das máscaras nunha familia pode ser moi alto e pode resultar case inasumíbel para familias que precisamente pola COVID-19 ou mesmo xa desde antes da crise, atravesaran unha situación económica delicada", engaden dende o BNG.

É por iso necesario que ven necesario que o Goberno central reduza o tipo de IVE sobre estes produtos sanitarios básicos e que se estabeleza a posibilidade de que puidesen ser cubertos pola Seguridade Social, cando menos no caso de persoas con dificultades económicas para poderen asumir a súa adquisición.

Tamén piden instar a Xunta de Galicia a facilitar en todo caso o acceso a este material a aqueles usuarios con dificultades económicas, e que o Servizo Galego de Saúde asuma estes gastos no caso de persoas con dificultades económicas

0.16320586204529