O BNG de Lugo chama á participación na mobilización de Queremos Galego

LugoXa
A plataforma Queremos Galego, que agrupa decenas de colectivos culturais de todo o país, lanzou esta semana a convocatoria da manifestación, que se celebrará en Compostela
BNG-Lugo-Queremos-Galego
2 Feb 2025

As áreas de Cultura e Lingua da Deputación de Lugo e do Concello de Lugo convidan á veciñanza a participar na mobilización convocada por Queremos Galego para o vindeiro 23 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía.

A plataforma Queremos Galego, que agrupa decenas de colectivos culturais de todo o país, lanzou esta semana a convocatoria da manifestación, que se celebrará en Compostela, con saída ás 12.00 horas desde a Alameda, baixo o lema 'Lingua Vital Xa'.

A deputada, Iria Castro, e a concelleira, Maite Ferreiro, sinalaron que "ademais de situar o fomento do uso do galego no centro das nosas políticas, ás institucións comprometidas coa lingua correspóndenos situarnos a carón das iniciativas que traballan a prol do idioma, especialmente nun momento tan crítico para o seu uso como o actual".

Ambas as dúas defenderon a necesidade "dunha gran mobilización social a favor da lingua para frear a perda de falantes e o retroceso no uso do galego, que constatan o fracaso das políticas de normalización lingüística da Xunta de Galicia e o dano ao idioma do decreto do plurilingüismo no ensino".

0.17584180831909