O BNG de Lugo propón poñen en marcha medidas de aforro de auga durante o verán

A baixada incesante en caudais de auga, tanto ríos coma fontes, ten que facer que o Concello de Lugo programe medidas de cara a este verán para minorar a utilización de auga en baldeos e controlar o seu uso no rego de plantas e xardíns. O BNG propón medidas de aforro de auga para previr o incremento previsto de temperatura. Arroxo lembrou que "o goberno municipal, ademais de promocionase, debe establecer medidas ante o cambio climático imperante e deseñar estratexias que permitan que as persoas dispoñamos de auga todo o verán".
En anos anteriores o concello xa establecerá medidas que afectaban a un 30 % o volume de auga empregada para regar xardíns e nun 50 % o destinado ao baldeo das rúas, Outros concellos estableceran regulacións para encher piscinas ou lavar vehículos e fachadas. En todo caso, Arroxo puntualizou que "isto non quere dicir que non haxa que trasladar unha mensaxe de prudencia" porque "non vai chover polo de agora e as temperaturas elevadas van continuar".
En Lugo, polo momento, "non se declarou ningunha prealerta nin alerta por seca". Non obstante, o Concello debe actuar "coa máxima responsabilidade" implementando diversas directrices que "axudarán a garantir" a calidade dos servizos públicos, tendo en conta os recursos limitados e utilizándoos "de forma eficiente pero tamén xuiciosa".