O BNG de Monterroso demanda ao goberno municipal que arranxe a rúa San Miguel
O BNG de Monterroso demanda ao goberno municipal a "que adique esforzos en arranxar as canalizacións das augas pluviais e o firme na contorna da rúa San Miguel na vila de Monterroso". Brais Vázquez, membro do BNG en Monterroso, declarou “é unha zona que conta con numerosas bolsas de auga por non ter acometido un arranxo e unha boa urbanización, polo que desde o BNG instamos a que se acometan as reparacións e as obras precisas canto antes".
Neste senso, Brais Vázquez explicou que as circunstancias que a veciñanza está a pasar “o goberno municipal tiña constancia desta deficiencia e non foi capaz de programar o arranxo en máis dun ano, nin tan sequera comentar aos afectados” e subliñou “esta actitude é inaceptable por parte dun goberno municipal, non se pode consentir este xeito de gobernar” ç
O BNG, de igual xeito, demanda que se acometan melloras na iluminación da vila “é un problema que desgrazadamente fíxose crónico por non querer acometer ningunha actuación desde o Concello, o que está provocar inseguridade ao circular pola vila” declarou Brais Vázquez.