O BNG de Viveiro fala da recollida de sinaturas en contra da suba da luz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro organizaba en decembro do 2018 unha recollida de sinaturas en contra da suba da luz, coa presenza de Míriam Bermúdez e Xosé Luís Rivas (Mini), actual Concelleira Local e Deputado no Parlamento Galego respectivamente.
3 Dec 2019

O BNG de Viveiro organizaba en decembro do 2018 unha recollida de sinaturas en contra da suba da luz, coa presenza de Míriam Bermúdez e Xosé Luís Rivas (Mini), actual Concelleira Local e Deputado no Parlamento Galego respectivamente.

Míriam Bermúdez sinalou que "a luz é un produto de primeira necesidade e non unha mercadoría de luxo que sirve para que as empresas eléctricas gañen cada vez máis. Galicia é un país produtor e exportador de enerxía, que ten que soportar unha das tarifas máis caras de Europa cando ten os salarios e as pensións das máis baixas."

Mini Rivas aclarou "teñen que beneficiarse as empresas e as familias da riqueza enerxética do país, unha tarifa diferenciada que xa existe en países como Reino Unido, Suíza ou Alemaña, e que no Estado Español xa a ten Euskadi. Esta medida permitiría un aforro medio de 200 euros na factura da luz ás familias e a competividade das nosas empresas.

A adopción de medidas prácticas que propuxo o BNG, tanto no desenvolvemento das competencias propias como instando ao Goberno do Estado a aplicar as pertencentes ao seu ámbito, permitirian a diminución do prezo da factura eléctrica e o fin da discriminación que padece Galicia por este motivo.

Míriam Bermúdez aclarou que "de non ser vetadas sistematicamente polo PP todas as propostas para o abaratamento da electricidade, Alcoa non estaría na situación na que está, nin os fogares galegos terían que pensalo dúas veces antes de acender a calefacción no inverno, xa que temos a segunda factura da luz máis cara de toda Europa".

0.074672222137451