O BNG de Viveiro lembra os esforzos realizados pola sinalización da cidade na A-8

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Bloque Nacionalista Galego en Viveiro lembra que no 2017 impulsaron unha recollida de sinaturas para promover que aparecese Viveiro nas sinalizacións da A8 e que foron 20 os colectivos que asinaron con eles aquela iniciativa que conseguiron.
15 Out 2019

O Bloque Nacionalista Galego en Viveiro lembra que no 2017 impulsaron unha recollida de sinaturas para promover que aparecese Viveiro nas sinalizacións da A8 e que foron 20 os colectivos que asinaron con eles aquela iniciativa que conseguiron.

Cabe lembrar que para conseguilo, membros do BNG viveirense, acompañados tamén pola Responsable Comarcal do BNG na Mariña, Ana Ermida, e o Deputado do BNG na Deputación de Lugo, Antón Veiga, viaxaron, entre 2017 e comezos do 2018, pola A8 entre Vilalba e Barreiros, para denunciar a ausencia de Viveiro nas sinais verticais das distintas saídas da A8, ademais da A6. Unha acción reivindicativa executada pola organización nacionalista tamén para visibilizar a desorientación que provocan os paneis informativos de Fomento na A8 aos usuarios da Autovía do Cantábrico que viaxan hacia Viveiro, os cales crean confusión e desorientación durante o seu desprazamento pola ausencia total do nome de Viveiro nos paneis.

Esta demanda xa histórica do pobo de Viveiro, que foi trasladada durante os últimos anos en numerosas ocasións ao Ministerio de Fomento por distintos grupos políticos e que foi tamén tan ignorada polo goberno central, foi levada novamente ao pleno de Viveiro do pasado 15 de marzo do 2017, aprobándose por unanimidade da corporación municipal unha moción promovida por 20 colectivos sociais, sindicais, culturais e empresariais, a iniciativa do BNG de Viveiro.

Por outra banda os nacionalistas viveirenses denuncian o estado de abandono e aillamento no que os gobernos de Feijoo e Rajoy manteñen a Viveiro, así como ao resto da Comarca. Lamentan o desinterese que manifestan os dirixentes do PP pola da cidade do Landro, donde os veciños ven como van perdendo oportunidades de futuro pola desconexión na que os mantén Feijoo e Rajoy. “É paradóxico que xs veciñxs de Viveiro teñamos que vir a Vilalba para coller a Autovía do Cantábrico” subliñan os nacionalistas. Ademáis consideran imperdoable que os xefes do executivo autonómico e central permitan o desmantelamento do FEVE na Mariña e dean o seu visto bo a ausencia de investimentos nas infraestruturas viarias de Viveiro e Comarca nos orzamentos do Estado para o 2017.

O BNG de Viveiro felicita a todos os colectivos empresariais e entidades veciñais e sindicais que promoveron a iniciativa impulsada pola organización nacionalista para reclamar a sinalización vertical de Viveiro nas saídas das autovías do Noroeste (A6) e do Cantábrico (A8). Así como tamén quere trasladar esta felicitación a alcaldesa e ao concello de Viveiro por apoiar esta iniciativa colectiva, aprobando por unanimidade unha moción para instar aoMinisterio de Fomento a sinalización do municipio. O BNG tampouco se olvida de todas aquelas persoas que participaron na campaña de apoio á sinalización de Viveiro nas redes e que contribuíron tamén coas súas fotos a darlle a volta a esta situación de agravio e o esquecemento que está a sufrir Viveiro.

A sinalización vertical de Viveiro que Fomento ven de incluír na saída 524 da A8 (dirección Vilalba-Coruña) é unha das solicitadas ao Ministerio de Fomento, a Unidade de Estradas do Estado en Lugo e á Subdelegación de Goberno na moción consensuada con todos os colectivos e aprobada polo concello e, aínda que sí é certo que faltan en 5 das saídas reclamadas.O BNG agarda que Fomento continúe coa sinalización e remate nun curto prazo de tempo estes traballos que van facilitar a orientación dos condutores e vai conseguir que esa falta de sinalización deixe de provocar confusión nos viaxeiros á hora de buscar a ruta máis accesible cara a Viveiro.

Dende o BNG de Viveiro queren aproveitar para animar a veciñanza a unirse e a sumar forzas para saír do aillamento no que nos mantén o goberno de Feijoo e reclamarlle a execución das obras, tan prometida de fai anos, da VAC ao seu paso por Viveiro para a súa conexión coa rede de estradas de altas prestacións e de infraestruturas viarias de conexión exterior que precisa imperiosamente o noso concello, para non continuar perdendo peso económico e poboacional con oportunidades de futuro que unha vila como Viveiro e a súa veciñanza se merecen, e pon como exemplo de acción colectiva esta iniciativa sobre a sinalización da vila viveirense.

0.19252610206604