O BNG de Viveiro pide a creación dunha Comisión Técnica Pública-Privada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Concelleira e portavoz do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, solicita ao goberno local do PSOE a creación dunha mesa técnico-política debido  á grave crise sanitaria e económica que está a provocar a expansión do Covid-19 por todo o territorio do estado español fai necesario que o Concello de Viveiro, ademais de esforzarse en adoptar todas as medidas sanitarias e de seguridade necesarias para minimizar o risco do contaxio da súa veciñanza,  sume esforzos co tecido produtivo e social de Viveiro co obxectivo de anticiparse e paliar, na medida do posible, os efectos do impacto económico que xa está a arrastrar a pandemia, protexendo o tecido empresarial e a veciñanza de Viveiro con medidas que garantan o mantemento do sector produtivo e as economías familiares dos viveirenses, para unha vez superada a crise sanitaria, as medidas que se adopten consensuadamente faciliten o relanzamento da economía municipal.
23 Mar 2020

"Os últimos días estamos vendo a través das redes e medios de comunicación que desde diferentes sectores (hostalería, comercio, turismo…) comezan a demandandar publicamente axuda e colaboración ao goberno municipal para frear na medida do posible o forte impacto económico que van sufrir os seus negocios, ao tempo que lemos que diferentes empresas viveirenses ofrecen axuda as persoas máis desfavorecidas e sectores máis castigados por esta situación de emerxencia que estamos a vivir", di Bermúdez.

Desde o BNG entenden que o tempo de resposta é vital para atallar con éxito calquera crise, e aínda sendo conscientes das dificultades e restriccións económicas polas que atravesa o Concello cren que Viveiro debe facer un sobre esforzo para atopar solucións alternativas e complementarias ás adoptadas polo Goberno do Estado co obxecto de facilitarlles ás empresas e familias de Viveiro a maior liquidez posible para afrontar o futuro máis inmediato e axudar así ao mantemento do tecido produtivo do municipio.

Por todo o anteriormente exposto, o BNG solicita a creación dunha Comisión Técnica Pública-Privada para plantexar, estudar e propoñer as medidas de orde económico, fiscal e social que se estimen precisas para afrontar as consecuencias da crise sanitaria e minimizar ao máximo os efectos negativos que sobre a economía local, as empresas, o comercio, autónomos,  profesionais e o emprego se están producindo e se prevén que se produzan.

Tamén pide a adopción inmediata de medidas económicas especiais para paliar a economía das veciñanza e dos proveedores do Concello, facilitando a súa liquidez durante os vindeiros meses a través de medidas como a ampliación de oficio do prazo voluntario de pago de impostos, tales como o IVTM e IBI,  axilizar o pagamento a proveedores e priorizar a tramitación de expedentes que conleven cobro de axudas ou débedas pendentes de pago por parte do Concello.

0.18648481369019