O BNG de Viveiro pide a recuperación do parque Pernas Peón

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O BNG de Viveiro presentará unha moción para a recuperación do parque Pernas Peón que segundo eles "atópase nun estado de decandencia pola inexistencia de políticas municipais medioambientais así como de plans de mantemendo e conservación do mesmo.
4 sep 2020

O BNG de Viveiro presentará unha moción para a recuperación do parque Pernas Peón que segundo eles "atópase nun estado de decandencia pola inexistencia de políticas municipais medioambientais así como de plans de mantemendo e conservación do mesmo."

"O abandono e deterioro xunto coa ausencia dun plan de mantemento e conservación está a provocar a desaparición total da vexetación media-baixa tipo arbustos, plantas e flores, como tamén a caída constante de árbores e ramas co máis mínimo vendabal, obrigando a estar balizándoo cada pouco para evitar desgrazas", engaden os nacionalistas.

Desde o BNG queren recuperar ese espazo verde e humanizado, que servía tanto para a práctica deportiva de clubes, colexios e veciñanza en xeral, como de ocio e lecer onde os viveirenses pasaban o día desfrutando do espazo verde e natural que ofrecía este parque.

0.16404008865356