O BNG de Viveiro pregúntase se a piscina municipal volverá abrir os domingos
Varios membros do BNG de Viveiro estiveron ás portas da piscina municipal escoitando e recollendo propostas, demandas, ideas ou queixas sobre os servizos e actividades que se prestan nesta instalación deportiva, así como de calquera inquietude que as veciñas e veciños quixeron trasladarlle á concelleira Míriam Bermúdez, tal e como xa fixeron os nacionalistas polas diferentes parroquias e instalacións baixo o nome de Cóntallo ti.
"O malestar e enfado dos usuarios desta instalación fica patente, desde a falta de mantemento das máquinas onde incluso unha delas causou recentemente un accidente, até por problemas da temperatura da auga, tanto dos vasos como das duchas", asegurou Míriam Bermúdez, e continuou: "pero o que sen dúbida esperta un gran malestar nxs veciños e que a Piscina Municipal continúe pechada os domingos e festivos."
Dende o BNG de Viveiro recolleron numerosas queixas por parte da veciñanza de Viveiro, a falta de persoal, actividades sen cupos, falta de mantemento das máquinas, baixa temperatura da auga dos vasos e duchas... até tal punto que un grupo de usuarios xa elaboraran e rexistraran no Concello ás súas queixas, e que 3 meses despois ainda non recibiron contestación por parte da alcaldesa. Parece necesario lembrar que forma parte das obrigas da alcaldía dar resposta ás demandas da veciñanza, máis aínda cando se fai a través do rexistro de entrada do Concello.