O BNG de Viveiro urxe a reformar o firme do vial a Ferreira

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
5 Ago 2019

O BNG de Viveiro urxe á Xunta axilizar a formalización do contrato coa empresa adxudicataria da obra, entre outras, de reforzo do firme da estrada LU-161 (Viveiro-Ferreira), así como a data da acta de comprobación de replanteo co obxecto de acurtar os prazos e dar comezo estes traballos tan urxentes e vitais para mellorar as condicións de circulación das persoas usuarias desta estrada autonómica que se atopa desde hai anos, nunhas condicións de abandono total e un avanzado grao de deterioro.

Esta estrada conta ademais cun trazado que a fai moi perigosa e unha escasa anchura, cunetas en mal estado e sen beiravías, motivo polo cal a portavoz Municipal do BNG, Miriam Bermúdez, considera básicas e fundamentais pero insuficientes estas obras de parcheo, xa que non só é necesario o reforzo deste firme, se non que precisa dunha actuación integral de mellora e acondicionamento da mesma. Ademais da seguranza para xs usuarixs e achegar Viveiro e Ourol á Mariña Central, suporía favorecer a economía local dos concellos que atravesan esta estrada autonómica e dos seus concellos limítrofes.

Os traballos de reforzo do firme desta estrada autonómica, incuídos dentro da obra licitada baixo o título: Reforzo de firme localizado nas estradas LU-151, LU-160, LU-161 e outras, e clave LU/18/154.02, foron adxudicados o 23 de xullo de 2019 logo de que, á comezos de xaneiro de 2019, a Consellería de Infraestrutura e Mobiliade daXunta de Galiza recoñecese o mal estado do firme desta estrada, e se comprometese a incluir os traballos de mellora deste vial no Plan de Reforzos de Firme ao grupo parlamentar do BNG, que demandara no 2018 en sede parlamentar a adopción de medidas urxentes para executar obras de mellora e acondicionamento nesta estrada autonómica, e mesmo o BNG na Comarca da Mariña promovera unha concentración veciñal no mes de xuño de 2018 a altura das fábricas de Hidrofersa e Vestas de Chavín.

0.21294903755188