O BNG esixe a Feijóo que dea a cara ante a grave crise industrial de Galicia
“Que máis ten que pasar para que Feixóo compareza no Parlamento galego ante a grave crise industrial que padece Galiza”? preguntou a viceportavoz do grupo parlamentar, Olalla Rodil ao remate da Xunta de Portavoces celebrada hoxe no Parlamento galego para elaborar a orde do día do vindeiro pleno.
Na súa comparecencia ante os medios de comunicación, a nacionalista lembrou que o BNG solicitou a comparecencia de Feixóo para que dera explicacións da “enorme crise industrial” tras o inminente peche da central nas Pontes así como da “vía rápida de desertización industrial” que vai desde a factoría de Alcoa en San Cibrao, A Mariña, até a crise dos estaleiros de Barreras e Vulcano en Vigo, pasando pola térmica das Pontes, Isowat e antiga factoría de Alcoa na Coruña ao que sumou a situación de Ferroátlantica na Costa da Morte.
O veto do Partido popular, engadiu Rodil impide que o Presidente da Xunta compareza como reclamaba o BNG e no seu lugar comparecerá o conselleiro de Industria, Francisco Conde. Dende o BNG vólvemos a preguntar “que ten que pasar para que Feixóo dea a cara” e si non lle parece que o desmantelamento que estamos a vivir non é suficiente para dar explicacións. “Feixóo non pode esconderse detrás do conselleiro de Industria”, aseverou.
Rodil manifestou que por moito que Feixóo tente agocharche, o BNG centrará o vindeiro pleno na crise industrial e a pregunta que formulará a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón irá nesta liña e incidindo na crise industrial, o peche de ENDESA nas Pontes, a situación de Barreras e a deslocalización de empresas como R.