O BNG organiza en Lourenzá un acto informativo sobre a oficina Agraria Virtual

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Este martes 16 de xuño, ás 20.
15 Xuño 2020

Este martes 16 de xuño, ás 20.30 o BNG organiza en Lourenzá un acto público informativo que terá lugar no salón de actos do concello. Esta charla informativa tratará sobre o funcionamento da oficina Agraria Virtual (OAV), que a Consellería de Medio Rural vai convertir agora na Oficina Virtual de Gandería (OVGAN), co obxecto de minimizar as visitas ás Oficinas Comarcais Veterinarias (OCVs), tendencia que se vén implantando debido ao estado de alarma polo Covid19 e que a Consellería pretende normalizar para que sexa  a maneira habitual de realizar os trámites aos que están obrigados os/as titulares das explotacións, polo que é necesario que os gandeiros/as se familiaricen con ela, o que constitúe un novo reto para o sector.

 “Os gandeiros precisan de información e asesoramento, sobre este cambio que se vai acometer, e por eso desde o BNG imos poñernos á súa disposición para colaborar con eles para informalos dos trámites que tenen que facer” manifestou Áurea Vázquez, concelleira e portavoz municipal do BNG en Lourenzá , que será quen imparta esta charla, na que contará coa participación e colaboración de Isabel Vilalba, do SLG, abordando tamén outros temas de interés para o sector agrícola e gandeiro coma a política agraria común.

0.17076516151428