O BNG organiza en Lugo un encontro con persoas migrantes para escoitar as súas experiencias e necesidades

LugoXa
A cita será este sábado 14 de novembro, ás 12:30 horas, no local Arte e Parte, na avenida da Coruña, e contará coa participación de Olalla Rodil e Rubén Arroxo
BNG-Lugo-Ana-Pontón
13 Nov 2026

O BNG celebrará este sábado 14 de novembro en Lugo un encontro con persoas migrantes co obxectivo de crear un espazo de diálogo no que compartir experiencias e abordar os retos e necesidades deste colectivo. A iniciativa busca, segundo a formación, favorecer a escoita e avanzar cara a unha sociedade máis xusta, diversa e inclusiva.

Na xornada participarán Olalla Rodil, candidata do BNG ao Congreso, e Rubén Arroxo, portavoz nacionalista en Lugo, que acompañarán as persoas asistentes neste espazo de intercambio e reflexión.

O encontro terá lugar ás 12:30 horas no local Arte e Parte, situado na avenida da Coruña, número 67, entrechán. A convocatoria está aberta á participación das persoas interesadas en achegar as súas vivencias e propostas.

0.15123391151428